lunes, 31 de marzo de 2008

Clasificación Xornada 21



Por fin logramos unha victoria fácil nun partido que se nos puxo moi de cara na primeira mitade onde o Rodosa non nos opuxo moita resistencia, chegando o final deste parcial vencendo por 5 goles a 1. Na segunda mitade do partido a relaxación e o verse superior fixo que fora un partido mais trabado con moitos erros por parte dos dous equipos, chegando o final do mesmo con un resultado a favor de 8 goles a 4.

Os goleadores foron Rubén Mouzó con catro tantos, Luisito con dous, Cholo e Rubén Santiso con un tanto cada un.

Este resultado ven a avalar o bo momento que estamos atravesando, pois xa levamos tres partidos sen perder e temola permanencia case que asegurada.

Para a semana xogaremos na casa, en Mondariz as 8 da tarde contra o "Restaurante os Pirús" de Arbo que van sextos na tabla, a ver se seguimos coa nosa racha.

Os nosos autores - Castelao

Outra das personalidades máis importantes da literatura galega e do movemento galeguista en xeral que deu a nosa terra nai e sen dúbida Castelao.

Este político, escritor, pintor, e debuxante galego chamado Afonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, naceu na cidade coruñesa de Rianxo en 1886.

Estudou medicina en Santiago de Compostela. Durante os seus anos na universidade brota o seu interese polo debuxo e a pintura e en especial pola caritacura. En 1908 expuxo os seus debuxos en Madrid e comeza a colaborar con revístaa Vida Galega. Entre 1909 e 1910 fai un curso de doutoramento en Madrid e participa na III Exposición Nacional de Humoristas e colabora como ilustrador co Conto Semanal. En 1910 especialízase en Santiago en obstreticia e ao terminar instálase no seu Rianxo natal. Durante este período colaborou na fundación do semanario O Barbeiro Municipal (1910-1914), no que escribiu atacando o réxime caciquil galego.

Con Vicente Risco, Otero Pedrayo e outros fundou a revista "Nós", ao redor da cal brotou a vida política e cultural de Galicia entre 1920 e 1936. En xaneiro de 1921, grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos, viaxou a Francia, Bélxica e Alemaña para estudar a arte destes países. Froito desa viaxe foi o diario que escribiu e que publicou parcialmente na revista Nós e que apareceu como libro en 1977 co título de «Diario 1921». En 1926 foi nomeado académico de número da Real Academia Galega.

En 1931, ó proclamarse a República, foi elixido deputado en representación do Partido Galeguista para as Cortes Constituíntes. O comezo da guerra civil sorprendeuno en Madrid, a onde fora para entregarlle ao presidente do Parlamento español o texto xa plebiscitado do Estatuto de Autonomía de Galicia, do que Castelao fora moi activo impulsor. Fiel ao seu ideario político, trala guerra exiliouse na Arxentina, onde realizou un gran traballo de divulgación galeguista e onde morreu o 7 de xaneiro de 1950. Foi enterrado no panteón que o Centro Galego de Bos Aires ten no cemiterio da Chacarita e alí estiveron os seus restos ata que, nunha disentida operación, a Xunta de Galicia os trasladou ao Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.

Os seus debuxos, complementados con agudos textos, mostran a Galicia rural, o caciquismo, os pobres, os cegos, os desamparados, o pobo que sofre, desde unha visión realista, crítica pero humorística. No álbum «Nós» (1931) recolleu debuxos feitos entre 1916 e 1918. Nos últimos álbums habitan os horrores da Guerra Civil.

Obra Literaria:

Cego da romería (1913)
Diario 1921.
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)
Cousas (1926, 1929)
Cincoenta homes por dez reás (1930)
As cruces de pedra na Bretaña (1930)
Nós (1931)
Os dous de sempre (1934)
Retrincos (1934)
Galicia Mártir (1937)
Atila en Galicia (1937)
Milicianos (1938)
Sempre en Galiza (1944)
Os vellos non deben de namorarse (representada en 1941, publicada en 1953)
As cruces de pedra na Galiza (1950)


-O médico dixo que meu pai ten un catarro intestinal.
-¿E por onde tose?


-¿Por que non lle dás de comer ao can?.
-Para o que traballa...
-Pois entón, ¿Por que non o matas?
-Para o que come.


-¡Gandulo! ¡Lacazán! ¡Borrachón!.
-Boeno... Xa empezamos coas indiretas...!


O MÉDICO: ¿Non dixeches que sacharías de balde na miña horta se te curaba?.
O PAISANO: Diría, si, señor; como tiña tanta febre...

Ligazóns de interés:

Museo Castelao
Fundación Castelao
Galería

jueves, 27 de marzo de 2008

Primeira entrada de Xulio Gil

O noso colaborador, colega de Manolo e fotógrafo profesional mandounos unhas fotiños da súa colección para compartir con todos nos. Esta vai ser a primeira de (esperemos) moitas cooperacións.

As tres instantáneas que engadimos de seguido foron expostas no local de "Bellas Artes" de Pontevedra.

Manolo quere acompañar estas fotos con un dos seus poemas:


DANZA,
COMO DANZA
EL AZAHAR
CON SU AROMA
DE NOCHE
ENTRE MIS DEDOS.

DANZA,
COMO DANZA
EL AGUA
SONORA
EN SU CANTAR
ETERNO.

COMO DANZA
LA LUNA
EN EL ARROYO
SU TUL
AL VIENTO.

BELLEZA TAN PERFECTA,
PERFECTO JUEGO
ROBÁNDOTE LOS BESOS.

HASTA EL ALBA DANZA
PORQUE QUIERO VERTE.





C.D. Cultural Areas

Onte miercoles viña no periódico Faro de Vigo, unha reportaxe sobre o Cultural Areas na sección de "Campeones". Como intentaremos comentar de todo canto se nos ocurra da parroquia non podía deixar pasar isto sin facer ningunha referencia xa que eu formen parte deste clube durante bastantes anos.
Comentan en Faro que o clube ten casi 60 anos de historia, eu ahí teño unha duda pois polo que teño pensado foi fundado no ano 1967, ainda que antes xa existía sen federar.

Prometo enterarme ben e poñer algo sobre a sua historia, tamén quería poñer as fotos do reportaxe nas que saen as plantillas dos aficionados que militan na Rexional Preferente, os xuvenis na liga provincial, os cadetes e os infantiles, pero son en blanco e negro e non teñen moita calidad, a ver se Mingos ou Xé me prestan algunhas.

Mentras tanto porei estas duas que atopen no baul dos recordos

Esta foto corresponde a tempada 1988-89 cando xogabamos na segunda ou primeira Rexional, non me acordo ben, nela estamos Santiso mais eu que ainda xogamos no Areas F. Sala, ademais de Montes como presidente, Cholo, Gómez, J. Carlos, Nicanor, Chon, Xaime Cura, Eladio o Mister, Pousada, Geni, Guillermo, Tonio, Mingos o que agora é presidente, Manolo, Kiko, Porto e Saura.


Esta foto debe datar do ano 1979 mais ou menos eramos chavalitos da parroquia entre os oito e doce anos, nela tamen esta Vinagre o noso delgado que daquela debía adicarse o deporte jeje.

Os nosos ríos - A lamprea


Vou a poñer esta entrada baixo a etiqueta de Natureza, pero en realidade tamén a podía poñer baixo a etiqueta de gastronomía, porque é un prato moi apreciado que moita xente acostuma a degustar por esta zona cando chega o seu tempo (entre xaneiro e abril). Non descarto a posibilidade de facer nun futuro un post coa receita da lamprea, pero como é un prato máis ven para especialistas na materia ó mellor e esperar e preguntarlle os que saben a forma de preparala. Polo de agora limitareime a comentarvos algunhas cousas curiosas deste "bicho tan feo".


Primeiro algúns datos técnicos:

A lamprea (Petromyzon marinus), tamén chamada lamprera e chupona, é un peixe agnato (sen mandíbula). Pertence a un grupo evolutivamente moi primitivo e caracterízase pola forma da súa boca en forma de ventosa. Distínguese tamén polos sete buratos branquiais a ámbolos lados do corpo e pola pel moi viscosa, sen escamas.

O seu esqueleto é cartilaxinoso e o seu ciclo vital é anadromo, é dicir: nace nos ríos, medra no mar e regresa ó río para reproducirse, momento no que se captura para o seu consumo.

A lamprea ten un corpo longo de sección circular, serpentiforme, que lembra a unha anguía. Pode alcanzar unha lonxitude de 100-120 cm aínda que o normal é que sexa de 50-60 cm. O peso non adoita supera-los 2-3 kg. A cor é variable aínda que o habitual é que teña o dorso amarelento a pardo verdoso, con manchas claras e escuras irregularmente repartidas. O ventre é de cor clara pero na época de madurez sexual, nos machos presenta cor morada. Carece de escamas.

Posúe dúas aletas dorsais, longas e separadas. A anterior é maior cá posterior e esta contacta coa aleta caudal que é enteira e non lobulada, como é a habitual nos outros peixes.

A boca é ínfera e en forma de ventosa ou funil. Aberta, mostra un elevado número de pequenos dentes córneos dobrados cara dentro. Sérvelles para fixarse a outros peixes e zugárlle-lo sangue, do que se alimenta.

A ámbolos lados do tronco, tralos ollos, mostra sete orificios branquiais. Posúe uns ollos rudimentarios, que se atopan por debaixo da pel, e que carecen de músculos oculares propios.



1.- Narina. 2.- Boca. 3.- Ollo. 4.- Aberturas branquiais. 5.- Tronco, corpo. 6.- Cloaca. 7.- Rabo. 8.- Aleta caudal. 9.- Aleta dorsal posterior. 10.- Aleta dorsal anterior.

As lampreas son parasitas doutros peixes e, esporadicamente, de mamíferos mariños. A súa alimentación é hematófaga, sobre peixes enfermos ou sans, nos que se fixa e fai unha erosión na pel cos seus dentes, para comezar a zugarlle o sangue, outros líquidos biolóxicos e mesmo a carne. Verte sobre a ferida unha substancia anticoagulante que impide que calle o sangue da súa prea. Ocasionalmente tamén se alimenta de carroña.

Hábitat e distribución:

A desova da lamprea prodúcese na primavera, nos cursos medios e altos dos ríos, con augas correntes e ben osixenadas, sobre fondos duros e lisos, onde a lamprea escava un gran foxo, deposita os ovos e cúbreos con pedriñas que transporta coa ventosa da boca. Ó cabo de 10-20 días nacen as larvas, que se denominan ammocoetes, e que carecen de ventosa bucal, alimentándose de detritus e pequenas partículas orgánicas en suspensión que aspira cara a cámara branquial e quedan pegados ó mucus da farinxe. Ó cabo dunha fase larval de 4-5 anos (ata sete anos), xa cuns 10-20 cm de lonxitude, sofren unha metamorfose e convértense en adultos.

Os adultos descenden cara o mar ata o momento en que alcanzan a madurez sexual, ó cabo de 1-2 anos. No mar viven a profundidades de 200 a 500 m e medran ata un tamaño de 80-100 cm de lonxitude (con máximos de 120 cm), comezando entón, entre decembro e abril, a viaxe migratoria cara os ríos, para reproducirse e desovar. Para fecundala, o macho fíxase á femia coa ventosa e enlíase ó redor dela, á vez que a femia se suxeita a unha pedra do fondo. Trala reprodución, morren.

As lampreas están presentes en augas temperadas dos dous hemisferios. Habitan en ríos da maior parte de Europa (Alemania, Bélxica, Dinamarca, Francia, Italia, Portugal, Gran Bretaña). En España tamén era frecuente pero só se mantén en certa abundancia en Galicia, e é moi escasa nos ríos do País Vasco e Cantabria, así como no Guadalquivir, Guadiana e no Ebro. En Galicia seguen estando presentes nos ríos: Miño, Ulla, Tambre, Lérez, Sar, Umia... No rio Tea (en Ponteareas) tamén se adoita coller boas lampreas.

A súa captura:

A pesca da lamprea é pesca de río porque é ahí onde se captura. Para facelo constrúense as chamadas pesqueiras ou pescos, típicas do río Miño, formadas por uns muros que canalizan a corrente cara un punto estreito onde se colocan as nasas lampreeiras, arte de pesca que tamén se emprega para pescar anguías, sábalos, salmóns e outros peixes de río.

Outros nomes desta nasa lampreeira son: abarga, barga, biturón, boitirón, boitrón, buitrón, lampreeira, litrón, nasoura e pesqueira. Tamén se chama lampreeira e pesqueira ó lugar ou sitial onde abundan as lampreas, normalmente construídas nas proximidades de muíños e aceas.

Estas nasas estaban feitas cunha manga externa, máis ou menos longa, que se mantén aberta mediante varios aros de madeira, e outra manga interna, de forma cónica, pechada. O conxunto fíxase ó fondo do río cuns paus que manteñen en pé a arte. Cébase con miñocas ou pan, e hai quen aconsella poñer tamén cascas de ovos, porque disque atraen mellor os peixes.

Nalgúns países, as larvas "ammocoetes" utilizáronse como isca para a pesca.

As "estacadas" do río Tea:

No Miño, parte das lampreas remontan un dos seus tributarios: o río Tea; donde se emprega un método único para a captura da lamprea: "as estacadas" ou "pontes para lamprea".

Son construcións ou empalizadas de madeira que cruzan o río en perpendicular. Constan de varios pilares duns dous metros de alto sobre os que se pousa unha pasarela, onde se colocan os pescadores.

As estacadas máis habituais fanse con pilares de eucalipto ou piñeiro, namentras na actualidade xa hai estacadas metálicas coa innovación do método tipo "ponte elevadizo" mediante poleas.

As lampreas remontan o río pegadas ao fondo, cando pasan por baixo das estacadas os pescadores crávanas coas "fisgas" ou "francadas".

O río está segmentado en "postos de pesca" desde Salvaterra de Miño ata Ponteareas. Ó contrario que nas "pesqueiras", non se explotan por herdanza familiar. Estes postos van a sorteo libre entre aqueles pescadores que os soliciten. O sorteo público realízase a primeiros de xaneiro.

A tempada empeza a mediados ou finais de xaneiro ata o último día de abril. O horario de pesca abarca desde as nove da noite ata as oito da mañá do día seguinte. Os domingos son días inhábiles.

Gastronomía:

O consumo da lamprea vén de vello e xa se cita na gastronomía da antiga Roma. Moi apreciada en Galicia, cómese normalmente á bordolesa, é dicir, cocida no seu propio sangue (con adición de diversos ingredientes), pero tamén en empanada, salgada ou afumada, con leña de carballo (con esta lamprea afumada pode elaborarse un friame moi cotizado). Tamén é moi apreciada en Portugal, onde a forma típica de comela é cocida con arroz ou asada ó espeto.

A mellor época para comela, como xa comentei antes, é entre xaneiro e abril. Chegado este mes xa se reproduciron e están fracas e debilitadas. Como coincide coa chegada do cuco a Galicia, dise neste momento que está cucada.

A lamprea é peixe azul, rico en graxa. A porcentaxe en proteínas é moderada, pero son de alto valor biolóxico. É relativamente rica en vitaminas A e D, como outros peixes graxos, así como en B1 e B2.

Festas gastronómicas:

A máis coñecida é a festa da Lamprea de Arbo, declarada de Interese Turístico e que vai pola 47ª edición (en 2007), pero coñecemos outros lugares que tamén celebran festas gastronómicas de exaltación da lamprea, cociñada directamente ou en empanada.

Pontecesures: Festa da Lamprea. Celébrase desde 1995, o último domingo de abril.
Arbo: Festa da Lamprea. Celébrase desde 1961 o último domingo de abril.
Arbo: Festa da Lamprea Seca. Celébrase desde 1995 o primeiro domingo de xullo.
Padrón: Festa da Empanada de Lamprea. Celébrase desde 1993, coincidindo co sábado santo.
Pontevea, Teo: Festa de Exaltación da Lamprea do Ulla. Celébrase o 1º domingo de maio.

Entradas relacionadas: Fotos de Maximino

miércoles, 26 de marzo de 2008

Contos pupulares - O boticario, o parvo e as moscas

Este é un conto que me lembro que escoitei (mellor dito, lin) por primeira vez estando en oitavo de E.X.B.; pero xa de aquela era unha das páxinas estrela do libro de galego no cal se atopaba.

É un conto moi enxebre, non ten nada que ver cos chistes tan sofisticados que se contan hoxe en día, pero eu o atopo moi simpático. Decía algo pouco máis ou menos así:


Un home, que tiñan por medio aparvado, entrou unha vez na botica, e díxolle ó boticario:

—¡Ai señor, cantas moscas ten aquí!

—Pois mira —díxolle o boticario—, por cada mosca que mates, douche un peso.

O home puxo de testigos á xente que había na botica, e púxose a matar moscas, xuntando seica vinte ou vintecinco.

O boticario ía, mirando unha por unha, e íalle dicindo segundo as separaba:

—Esta é «mosco».

Separaba outra, e dicía igual: Esta é «mosco». E así todas. Ningunha era mosca, todas eran «moscos». Claro non lle deron ningún peso, e fixéronlle a risa.

Pero aquel paisaniño tiña colmeas, e tódolos anos mandáballe a proba do mel ó boticario. Asi que cando chegou a hora de mandarlle o mel, foi ás cortes e colleu un pouco de bosta das vacas e mesturouno co mel que lle ía mandar ó boticario.

Pasou tempo, e, un día que foi o home pola botica, preguntoulle ó boticario se lle gustara o mel. O boticario contestoulle:

—Home, esta vez non estaba nada bo. Ata parece que sabía a merda, con perdón.

—E máis tiña —díxolle o medio parvo. Pero, mire, señor: o que lle sabe separa-las moscas dos moscos, tamén debe de ser quen de separa-la merda do mel.

Arte - Marisa Matías

Bueno, seguimos desempoando fotos, nesta ocasión o fixo Manolo. Trátase dunhas fotos que son un pequeno exemplo da arte dunha pintora viguesa chamada Marisa Matías. Estas instantáneas están tomadas dunha esposición que fixera na Casa Cultural da parroquia.

Eu non son moi entendido en arte, pero sí que podo dicir cando unha cousa me gusta, e estes cadros gústanme bastante.

Clasificación xornada 20



Nesta xornada non pasamos do empate nun enfrentamento contra un rival directo como era o Covelo F.S. Teremos outra prova importante este sabado 22, contra o Rodosa de Arbo, este equipo e outro do que nos precede na clasificación, de ahi a importancia que tén este partido para intentar eludir o descenso canto antes.

O partido será no pavillón de Mondariz o sabado as 8 da tarde,

Vir a divertirvos.

Os comentaristas da "Formula 1" no bar de Moe

Unha montaxe moi lograda e moi simpática con imaxes modificadas dos "Simpsons" e sonido dos comentaristas "Lobato & Company", feito por alguén con tempo e con moito sentido de humor.

martes, 25 de marzo de 2008

Un par de fotiños

Xa sei que as persoas alleas o nosa aldea non lle van a adicar atención ningunha a este post. É normal xa que nel vou a ensinar fotografías de persoas da parroquia. O motivo de "colgalas na rede" é o de predicar co exemplo cando nunha entrada anterior suxería a xente que nos enviaran fotos "retro".

Bueno, ese é o motivo digamos público, a razón oculta e moi sinxela e é que a todos nos gusta ensinar fotos antigas, anque sólo sexa para vernos máis novos ou para comprobar como lle muda a cara da persoa que sae refrexada na instantánea (entre felicidade, sorpresa e incredulidade).



Neste caso non vos voy ver a cara, pero ma imaxino, jejeje. En fin..., que sí..., que todos temos unhas "pintas maravillosas", por suposto non vos voy a decir quenos somos nos, anque as persoas da bisbarra recoñecerannos rápidamente.

Cando escomencei a remexer por entre os álbuns a procura de fotos de grupos, ou de calquera xuntanza de veciños, para ensinárvolas, tardei un pouco máis do que esperaba; a fin de contas estaba recorrendo a miña vida en imaxes, e co paso dos anos cada vez tardo máis tempo, hay máis que recordar, jeje. Atopei varias, pero quero escomenzar mostrándovos estas, a ver se o meu compañeiro de blog se anima e fai o propio.

A primeira, como todos podedes ver e o día en que, uns cuantos trinta-aneiros hoxe, estabamos invitados a comida do señor, o 15 de agosto do ano 1977 (amén por iso). Véndoa a traves do tempo parecemos sacados dunha película de Joselito; iso nos, elas parecen sacadas da serie "La casa de la pradera".

O 15 de Agosto e a data que temos máis representativa na parroquia; é o día da patrona e tamén é o día que chegamos tarde a comer (co conseguinte cabreo, e bronca posterior, de túa nai e do resto dos familiares que nese día se deixaron cair pola casa) por tomar un par de vermouts cos amigos.

A segunda que quero mostrarvos é a de cando se me deu pola toleada de vestirme raro para dar unhas cuantas patadas, soltar uns cuantos gritos e romper unhas cuantas táboas (aquí hai opinións que din que eran sinxelas de máis). Que lle queredes, eu sempre che fun un pouco rariño.



En fin, esta foi a miña primeira aportación de fotos "vintage", seguramente subirei máis a non moito tardar.

sábado, 22 de marzo de 2008

Memoria histórica

Fai un par de días, e ó comentarlle a Manolo, o párroco desta bisbarra, da existencia deste humilde blog, comentoume a posibilidade de engadir unha entrada relacionada coas excavacións que se fixeron a carón da igrexa dalguns mortos que asasinaron durante a cruenta guerra civil. Como neste caso entran factores políticos, non vou a facer moitos comentarios o respecto, xa que ó escomenzar con esta bitácora tomamos a decisión de non facer entradas relacionadas con política ou relixión. Soamente resaltar o feito de que o cura, a pesares da sua condición de cura (e paga a redundancia), non se opuxo a estes desenterramentos.

Teño que decir que eu persoalmente non asistín a este acto histórico (por descoñecemento, non por outra cousa), na mentras atopei a páxina que fai referencia o mesmo e de alí "roubei" estas dúas fotos que podedes ver acompañando este texto. De seguido tamén vos transcribo unhas líneas en castelán, sacadas do nomeado artigo:

«...Hoy, un equipo de arqueólogos abrirá dos fosas en los atrios de las iglesias de Areas y Xinzo, donde se encuentran sepultados 13 republicanos, cinco de Porriño y el resto de Vigo, Bueu y Cangas. Será la primera vez que se realice una actuación así en terrenos de la Iglesia que, en la persona del párroco Manuel Carballo, ha facilitado que se lleven a cabo los trabajos. "Cuando las cosas se hacen con naturalidad", dice "no hay ningún problema".

Ese lugar de la memoria fue escenario de numerosas batidas de falangistas y paramilitares, sabedores de que muchos perseguidos se refugiaban en esos montes del sur de Pontevedra. En alguna de sus cuevas llegaron a convivir más de 50 hombres. Su compleja morfología hizo que tras los sucesos de Lavadores los huidos se adentrasen en este pinar...»

Máis adiante, este artigo continúa decindo:

«...Las excavaciones comenzaron alrededor de las 9.30 horas de hoy, y alrededor de dos horas después, entre 11.30 y 12.00 horas se encontraron los primeros huesos y, algo más tarde, incluso algunos restos de indumentarias y calzado de campesino, como ocurrió en Xinzo.

Hasta el lugar en el que se encuentran ambas fosas, ubicadas en sendos atrios parroquiales, acudieron miembros de la Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Ponteareas, entre otros colectivos, así como familiares de los propios represaliados cuyos cuerpos fueron allí enterrados, un total de 13 personas...»

Quero e debo rematar este post desexando que actos coma os que ocurriron aquí durante a guerra non se repitan nunca máis.

jueves, 20 de marzo de 2008

Gastronomía - Cocido Galego

Namentras Manolo, ou D. Manuel que é como lle chaman as xentes de ben, nos honre con algún comentario inxenioso; eu, continuando un pouco coas nosas tradicións, quero falarvos do prato de inverno por excelencia na nosa terra. Refírome, claro está, o popular Cocido Galego. De seguro que non vos direi nada que non saibades xa, pero de tódolos xeitos creo que este plato merece unha entrada, anque sólo sexa para recordar nostálxicamente aquelas tardes de Domingo (ou xoves), a carón do lume disfrutando de esta auténtica sinfonía de sabores.

O pote galego (qué tamén se lle soe chamar), é sinxelamente un prato maxistral e completo; coido que haberá poucas persoas que, nos días de inverno, de choiva forte, vento e friaxe, non lle mandasen para o corpo un bo prato de cocido; coa súa costela salgada de porco, xamón ou lacón (ou ambolosdous), coa cachucha e a orella, galiña, chourizos, patacas, uñas de porco, verdura (repolo ou grelos), e garabanzos ou feixóns.

Supoño que tamén terá os seus detractores; pero a non ser que sexa por prescripción médica (debido a cantidade de calorías que ten), non saben o que se perden.

Nin que dicir ten que os que escorran polo vertedeiro o caldo en que se coceron estas xoias, non merecen comelas. O caldo, requintado pola cocedura, pode usarse, e debe usarse, para facer un "Caldo Galego" que saiba a caldo vello dende o primeiro día. Porque se hay algo conque se debe preceder ó cocido e cun un bo plato de sopa feita co caldo do cocido, tanto que sexa de piñon, de cus-cus, ou de letras (eu coma son de ciencias, prefiro a de piñón).

E para rematar este post, a receita. De seguro que cada maestriño ten o seu libriño, pero esta que vos mostro a continuación pode ser perfectamente válida para facer un bo pote galego para catro persoas:

Ingredintes:
- 1 kgr. de lacón.
- 1/2 tira de costela salgada.
- 1 trozo de panceta salada.
- 4 chourizos.
- 1/2 kgr. de falda de terneira.
- 8 patacas.
- 1 repolo ou 2 mazadas de grelos.
- 1/2 kgr. de garabanzos cocidos.

Preparación:
Primeiro dicir que, ademais da carne que se indica nos ingredientes (como xa mencionei antes), poden utilizarse outras partes do porco (cachucha, orella, rabo...) e tamén pódese engadir galiña, oso de caña (que lle fai moito xeito), etc. En todo caso, a carne de porco que usemos ha de estar ben desalgada.

Poñemos a cocer toda a carne xunta en abundante auga e cando estea casi cocida (unha hora e media ou dúas) sácase para outra ola caldo dabondo para coce-las patacas e a verdura. Se non usamos garbanzos previamente cocidos, deberíamos telos remollados durante 12 horas e facelos có caldo de coce-la carne ata que estén tenros. Ó estar todo cocido, escórrese e sérvese.

Os chourizos e as patacas sóense engadir ó cocido a última hora, xa que son de rápido cocemento. Para comprobar que éstas últimas están no seu punto pínchanse cun coitelo. Tamen hay que ter coidado que a verdura non se desfaga.

Teño que confesarvos que mentras escribía estábaseme facendo a boca auga; coido que hasta manchei de babas a barra espaciadora e a tecla M, jejeje.

martes, 18 de marzo de 2008

Quesada

Aquí vos deixo algunhas das ilustracións de Quesada (colaborador diario do periódico "Faro de Vigo", incluindo a que saíu hoxe mesmo.