Xa vedes, Areas é unha parroquia con un montón de asociacións, pero aparte diso, tamén podemos presumir de que temos moita cultura e prova diso, é que ata contamos cun ciclo cultural, antes chamado mes cultural, xa que sempre se celebra en Novembro. Iso non quere dicir que no resto do ano carezamos dela, que quede claro.
A foto corresponde a portada do folleto que anuncia as actividades, e vouvolas resumir un pouco;
O sábado 25 de Outubro (xa vedes que chego un pouco tarde, pero antes non tiven tempo) actuou o grupo de Play Back Moreira .
O domingo 26 houbo concerto a cargo da Banda da escola de Música de Gulans. Esta banda de música vai dar clases de solfexo na Casa Cultural de Areas, polo que nos invita a apuntarnos. Si alguén ten ganas, xa sabe.
O sábado 8 de Novembro as 20:30 o grupo escénico Tea - Tro de Ponteareas presenta a obra "Da Vinci levaba razón" .
O domingo 9 de Novembro as 16:30 celebrarase un concurso de redacción e debuxo, haberá premios para a millor redacción e o millor debuxo por grupos de idade. E as 7 da tarde Gran magosto popular con castañas, viño e moita farra, tanto para nenos como para mallores. Eu penso que este pode ser un bó día, que vos parece?
O sábado 15, as 21:00 actuará a Rondalla Asociación Cultural La Troya de Ourense, mentras que o Domingo 16 as 19:00 o cómico Somoza tentará facer rir os asistentes coas súas historias e chistes.
O sábado 22, as 20:30 haberá un festival de corais. Serán dúas as corais que amenicen a xornada, a Coral polifónica San Pelayo de Navia e a Coral Santa Mª de Areas. Esta última é de aquí da parroquia, algún día deste tocarame falar deles, a ver si os promocionamos un pouco.
O domingo 23 as 19:30 o grupo Arte Xoven da Casa Cultural de Areas presenta o espectáculo de Play Back. Deste grupo, a verdade que non tiña coñecemento.
O sábado 29 a partires das 9 da noite, terá lugar a Cea de confraternidade, con sesión baile e sorpresas. Na cea terá lugar a homenaxe ós socios de maior idade: Luis Couto García, Manuel Covelo Covelo (Pancho) e José Benito Castro Mariño. De momento a mín non me toca, jeje.
E o domingo 30 pechase este mes cultural coa actuación do Grupo de Gaitas e Baile tamén da Casa Cultural de Areas, este grupo presentará as novas promesas da música e baile tradicional. O remate da actuación terá lugar a entrega de premios do concurso de redacción e debuxo.
Pois isto é o que hai, xa vedes que hai actuacións para todolos gustos, quizais se bote de menos algunha charla coloquio, ou algo polo estilo, o que pasa que seguramente, e por desgraza, o salón de actos estaría case baleiro.
Bueno, a disfrutar das actuacións e a "culturizarse" un pouco